Un conto para descubrir o ciclo da
vida con tenrura e conciencia
A Clara coida con amor un año. Co paso das
estacións, a súa la transfórmase nunha bufanda
amarela feita por ela mesma. Cando se
desgasta, non se tira: volve á terra e convértese
en compost.
Este álbum ilustrado axuda aos nenos e nenas
a comprender o valor das cousas feitas
a man, o coidado dos animais e a beleza dos
procesos naturais. Unha proposta para reconectar
coa natureza, cos ritmos e co sentido
profundo de transformar coas propias
mans.
Inclúe unha canción orixinal con partitura e acceso
por código QR, para ampliar a experiencia
co xogo sonoro e rítmico.
Recomendado a partir de 4 anos.
RELACIONADOS POR TEMÁTICA